Conclúe a 21º Edición de Termatalia ampliando os lazos de unión do sector termal entre Galicia e Uruguai

  • Grupo de persoas asistindo á charla en Termatalia
    Grupo de persoas asistindo á charla en Termatalia
  • O senador Francisco José Fernández, a cónsul xeral de España María Victoria Scola,  o director de Expourense Rogelio Martinez e a delegada da Xunta en Montevideo, Elvira Dominguez Alonso
    O senador Francisco José Fernández, a cónsul xeral de España María Victoria Scola, o director de Expourense Rogelio Martinez e a delegada da Xunta en Montevideo, Elvira Dominguez Alonso
  • Conclúe a 21º Edición de Termatalia ampliando os lazos de unión do sector termal entre Galicia e Uruguai
    Conclúe a 21º Edición de Termatalia ampliando os lazos de unión do sector termal entre Galicia e Uruguai
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2023.

A 21º edición de Termatalia, que organiza Expourense en Salto, Uruguai, concluíu hoxe tras tres xornadas de intenso traballo que permitiron ampliar os lazos de unión do sector termal entre Galicia e Uruguai. A esta feira especializada, na que participaron 500 profesionais, asistiron tamén os delegados da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, e en Arxentina, Alejandro López Dobarro.

Durante a xornada de onte, realizouse unha sesión técnica que permitiu coñecer os atractivos turísticos de Paysandú e o Salto, analizando as posibilidades que presenta o sector termal para atraer turismo de xeito desestacionalizado, aproveitando as bonanzas destas augas durante todo o ano, ao igual que xa se está a facer tamén nos diferentes puntos onde existe turismo termal en Galicia, converténdose así a comunidade autónoma nun referente a ter en conta para dinamizar este ámbito no Uruguai.

436 lecturas