Ramón Villares e Roberto Varela inauguran hoxe o congreso internacional «Luis Seoane. Galicia-Argentina: una doble ciudadanía»

Os días 7 e 8 de abril proseguirán as conferencias e os coloquios no Consello da Cultura Gallega.

Listen to this page using ReadSpeaker

O congreso internacional Luis Seoane. Galicia-Argentina: una doble ciudadanía, inaugurado esta mañana no Consello da Cultura Gallega nun acto presidido por Ramón Villares, presidente da institución, e Roberto Varela, conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. Tamén estiveron presentes Alberto Ruiz de Samaniego, director da Fundación Luis Seoane e Silvia Longueira, en representación do Concello de A Coruña. A conferencia inaugural foi impartida por Beatriz Sarlo (Universidade de Bos Aires) quen falou sobre Las Argentinas de Luis Seoane.

Esta primeira sesión matinal contará durante esta mañan coa ponencia de María Luis Sobrino (Universidade de Santiago) sobre El fardel gallego de Seoane hasta 1936.

Pola tarde, a partir das 16:30 horas intervirán: Hernán M. Díaz (Federación de Sociedades Gallegas-Buenos Aires), que se referirá a Galicia en Buenos Aires. Instituciones y redes culturales de la emigración gallega y Xosé M. Núñez Seixas (Universidad de Santiago), sobre Política de los exiliados y política de los emigrados: convivencia y conflicto.

Os días 7 e 8 de abril proseguirán as conferencias e os coloquios no Consello da Cultura Gallega coas intervencións de: Fernando Devoto, Luis Alberto Romero, Diana Wechsler, Rodrigo Gutiérrez Viñuales, Manuel Castiñeiras, Rosario Portela Yáñez, Arturo Casas e Xosé Luis Méndez Herí.

El viernes día 9 las actividades se trasladarán a la sede de la Fundación Luis Seoane, donde presentarán sus ponencias Justo Beramendi y Antón Patiño (artista visual) y Ramón Villares, presidente del CCG, quien clausurará el congreso con el conferencia Las Galicias de Luis Seoane. Por último, se procederá a inaugurar la exposición Luis Seoane: la configuración del posible.

O obxectivo
O congreso trata de rescatala figura poliédrica de Luis Seoane (artista, escritor, diseñador, periodista) e a sua acción creativa nunha dobre dirección territorial e cultural, entre a emigración e o exilio, e as suas dimensións como axente creativo e constructor dun proxecto cultural de intensa repercusión e influencia.

É esta a primeira actividade programada polo Consello da Cultura Gallega e la Fundación Luis Seoane con motivo do primeiro centenario do nacemento dunha figura singular da cultura galega. Ao longo do ano seguirán outros tres encontros en colaboración coas tres universidades de Galicia.

O detalle do programa do congreso pode verse e/ou descargarse aquí.

En imaxes
1832 lecturas