“A poeta analfabeta”, terceiro documental do Ciclo Mestre Mateo nos centros galegos do exterior

  • Imaxe da proxección en Berlín
    Imaxe da proxección en Berlín
  • Imaxe da proxección en Montevideo
    Imaxe da proxección en Montevideo
  • Imaxe da proxección en Londres
    Imaxe da proxección en Londres
  • Imaxe da proxección en Madrid
    Imaxe da proxección en Madrid
  • Imaxe da proxección en Sevilla
    Imaxe da proxección en Sevilla
  • Imaxe da proxección en Tarragona
    Imaxe da proxección en Tarragona
  • Imaxe da proxección en Caracas
    Imaxe da proxección en Caracas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2022.

Oito centros galegos do exterior proxectaron ao longo deste mes o documental A poeta analfabeta, dentro do Ciclo Mestre Mateo que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual.  

O Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol, o Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Gallego de Madrid, o Centro Galego de Londres, a Asociación Cultural Galega ‘De Berlín Son’, o Lar Gallego de Sevilla e o Centro Galego de Tarragona foron as entidades que organizaron estas proxeccións que teñen unha periodicidade mensual de marzo a decembro (salvo xullo e agosto), de xeito que se poida dar a coñecer, fóra de Galicia, o labor do sector audiovisual galego. 

244 lecturas