Emigración recorda que o próximo sábado 26 oito centros galegos do exterior proxectarán a primeira película do Ciclo Mestre Mateo organizada en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual

'O Gran Camiño' proxectarase o vindeiro sábado, 26 de marzo, en oito cidades de España, Europa e América
"O Gran Camiño" proxectarase o vindeiro sábado, 26 de marzo, en oito cidades de España, Europa e América
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración anima a todas e todos os amantes do cine galego a asistir a algunha das proxeccións que terán lugar en oito centros galegos do exterior o próximo 26 de marzo do filme O Gran Camiño, co que se estrea o ciclo de cine Mestre Mateo que e desenvolverá durante os próximos meses grazas a colaboración coa Academia Galega do Audiovisual 

O Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, o Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela, o Centro Galego de Londres, a Asociación Cultural Galega 'De Berlín Son', o Centro Gallego de Madrid, o Lar Gallego de Sevilla e o Centro Galego de Tarragona serán as entidades que organizarán as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, que terán unha periodicidade mensual de marzo a decembro (salvo xullo e agosto), de xeito que se poida dar a coñecer, fóra de Galicia, o labor do sector audiovisual galego.

390 lecturas