O Centro Galego de Londres inicia o sábado a proxección de maio do Ciclo Mestre Mateo, que permitirá desfrutar este mes en oito entidades do filme “A poeta analfabeta”

'A poeta analfabeta' é o terceiro filme do Ciclo Mestre Mateo de cine galego
"A poeta analfabeta" é o terceiro filme do Ciclo Mestre Mateo de cine galego
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2022.

O Centro Galego de Londres inicia este sábado o ciclo de proxeccións Mestre Mateo do mes de maio que permitirá desfrutar en oito centros galegos do exterior do filme A poeta analfabeta. Deste xeito, continúa o ciclo das películas e documentais finalistas aos Premios Mestre Mateo 2022 grazas a un acordo de colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual.

O Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres será o escenario no que se poderá ver, este sábado 14, ás 18:00 horas, este documental, que posteriormente será proxectado o 21 polo Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela, a Asociación Cultural Galega 'De Berlín Son', o Lar Gallego de Sevilla e o Centro Galego de Tarragona. O Centro Gallego de Madrid realizará a proxección o mércores 25 e, o sábado 28, farao o Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol.

269 lecturas