Playa Blanca desfruta a súa multiculturalidade

El grupo de gaiteiros de la Casa de Galicia de Las Palmas participó en la fiesta del Día das Letras Galegas que se celebró en este municipio canario.

  • O Día das Letras Galegas 2016, organizado polo Ayuntamiento de Yaiza (Lanzarote), foi un magnífico exemplo das expresións culturais que nos regala a diversidade
    O Día das Letras Galegas 2016, organizado polo Ayuntamiento de Yaiza (Lanzarote), foi un magnífico exemplo das expresións culturais que nos regala a diversidade

Listen to this page using ReadSpeaker
Yaiza (Lanzarote), 23 de maio de 2016.

Playa Blanca demostrou unha vez máis a hospitalidade da súa xente e a riqueza cultural dun pobo onde conflúen encantados veciñas e veciños de oitenta nacionalidades e distintas rexións de España, como a de Galicia, que estivo moi presente coa súa música e gastronomía na celebración este fin de semana do Día das Letras Galegas na Praza do Carmen do primeiro núcleo turístico de Lanzarote.

O Ayuntamiento de Yaiza, a través da Concejalía de Festejos, promoveu este novo punto de encontro entre a colonia galega asentada no municipio e veciñas e veciños e turistas de distintos puntos do mundo, para aproveitar a fortaleza que supón o poder compartir, interactuar e enriquecerse mutuamente coas expresións culturais que regala a diversidade.

A alcaldesa de Yaiza, Gladys Acuña, e o e a responsable de Festexos e Turismo, Javier Camacho e Olga Caraballo, respectivamente, estiveron presentes na festa multicultural recollendo inquietudes para mellorar próximas xornadas. O pobo canario e galego, dous pobos unidos historicamente pola necesidade de emigrar, gozaron xunto a decenas de veciñas e veciños e turistas das actuacións musicais do grupo gran canario Non Trubada e dos gaiteiros da Casa Galicia das Palmas (Gran Canaria).

Os sete integrantes de Non Trubada, guitarras, violíns, teclado e instrumentos de vento e percusión, fixeron o sábado un percorrido musical polas Illas con versións folk de temas tradicionais que deixaron moi boa impresión entre o público.

Pola súa banda, os invitados da Casa Galicia das Palmas encheron de alegría a tarde do domingo con gaitas e tambores no medio de cánticos e aplausos da asistencia. O grupo celebrara a noite anterior nada menos que o 65º aniversario da Casa, así que fixo un gran esforzo para animar o Día das Letras Galegas en Playa Blanca.

“Compartir co pobo, escoitar aos gaiteiros ou comer empanada ou polbo é un reencontro coa túa xente e sentímonos felices de participar desta festa en Playa Blanca”, apuntaba Albino Aneiros, presidente da Casa de Galicia das Palmas. E como se di popularmente, a comida triunfou a fin de semana na Praza do Carmen. Servíronse empanadas galegas e variedade de receitas como o exquisito polbo preparado por Santi, un cociñeiro galego afincado en Playa Blanca, tanto, que a asistencia consumiu ata 80 quilos do polbo na celebración sureña. O Ayuntamiento de Yaiza agradece a participación e o apoio da colonia galega e de veciñas e veciños de toda a Illa.

Fonte e fotos: Ayuntamiento de Yaiza

699 lecturas