O Ayuntamiento de Las Palmas de Gran Canaria propón a candidatura da Casa de Galicia aos premios 'Premios Canarias 2016'

A entidade galega na capital grancanaria, fundada no 1951, está nominada a estes premios -que concede o Goberno de Canarias- na súa categoría de Accións Altruístas e Solidarias.

Leva dende 1952 organizando nas datas do Nadal unha campaña benéfica de recollida de xoguetes (e a posterior Cabalgata de Reis), á que en 1987 se engadiu a de recollida de alimentos non perecedoiros para aquelas persoas que máis o necesitan.

  • Imaxe dun dos actos celebrados o pasado mes de decembro dentro da campaña de recollida de xoguetes que anualmente -dende o 1952- organiza a entidade galega na capital grancanaria
    Imaxe dun dos actos celebrados o pasado mes de decembro dentro da campaña de recollida de xoguetes que anualmente -dende o 1952- organiza a entidade galega na capital grancanaria
  • Antonio Rguez. Miranda, secretario xeral da Emigración, e Albino Aneiros, vicepresidente da Casa de Galicia de Las Palmas, nunha xuntanza en Santiago de Compostela
    Antonio Rguez. Miranda, secretario xeral da Emigración, e Albino Aneiros, vicepresidente da Casa de Galicia de Las Palmas, nunha xuntanza en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Las Palmas de Gran Canaria, 23 de decembro de 2015.

O Pleno do Ayuntamiento de Las Palmas de Gran Canaria aprobou propoñer a candidatura da Casa de Galicia da capital grancanaria para os Premios Canarias 2016, que outorga o Goberno Canario, na súa modalidade de 'Accións Altruístas e Solidarias'.

A Casa de Galicia celebrará en maio de 2016 o seu 65º aniversario de permanencia na cidade, anos ao longo dos que destacou pola súa colaboración coas institucións locais e a súa solidariedade coa cidadanía canaria. Dende un ano despois da súa fundación celebrou, cada ano, a tradicional Cabalgata de Reis no municipio, primeiro con recursos propios e máis adiante con colaboracións públicas e privadas e do propio Ayuntamiento. Igualmente, foron encargados durante máis de sesenta anos da campaña de recollida benéfica de xoguetes para a noite de Reis.

Durante os anos de crise económica, ademais, a Casa de Galicia desenvolveu accións de recollida e distribución de alimentos e produtos de primeira necesidade, polo que esta entidade se converteu durante anos en referente de axuda solidaria para ONG's e institucións públicas.

Ao longo da súa historia, recibiron múltiples distincións en recoñecemento ao seu labor. En 2014 a sede da Casa de Galicia sufriu un incendio que destruíu as súas instalacións. A pesar de que a entidade atravesa na actualidade un dos momentos máis difíciles da súa historia, non abandonou o seu labor solidario e social, o que a fai acredora da máxima distinción do Goberno de Canarias para o Ayuntamiento.

 

Fonte: Ayuntamiento de Las Palmas | Fotos: Casa de Galicia de Las Palmas

924 lecturas