Miranda reúnese co vicepresidente da Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria para reforzar os lazos coa colectividade galega nas Illas

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 17 de xaneiro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro con Braulio Míguez Figueroa, vicepresidente da Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria, no que destacaron a importancia do traballo que esta entidade leva desenvolvendo durante décadas para manter viva a cultura e as tradicións galegas no arquipélago canario. Durante a reunión, abordáronse novas iniciativas para reforzar o apoio aos galegos residentes na zona, especialmente no ámbito cultural.

Rodríguez Miranda agradeceu a dedicación da Casa de Galicia en Las Palmas como ponte entre Galicia e as Illas, subliñando o seu papel clave á hora de facilitar o arraigamento dos galegos fora da comunidade sen perder o vínculo coa súa terra de orixe. Así mesmo, convidou á entidade a continuar promovendo proxectos que permitan á mocidade galega coñecer e implicarse activamente nas actividades da colectividade, contribuíndo así a manter viva a cultura galega en Gran Canaria. Rodríguez Miranda interesouse tamén por como se desenvolveu este ano a tradicional Cabalgata de Reis que, desde hai anos, organiza a Casa de Galicia en Las Palmas. Este evento, que conta cunha gran participación e recoñecemento na cidade, é unha das iniciativas máis emblemáticas da entidade.

597 lecturas