A Casa de Galicia “Santiago Apóstol” de Fuerteventura anima ás e aos veciños e turistas da illa canaria a celebrar o Xacobeo
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2021.
A Casa de Galicia “Santiago Apóstol” de Fuerteventura está xa a animar aos veciños e veciñas e turistas da illa canaria a celebrar o Xacobeo 21-22 a través do material de traballo para as e os cociñeiros e camareiros que lles foi entregado este verán durante a visita que realizou o seu vicepresidente, Jacobo Aguado, ao secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.
Deste xeito, o equipo humano conta xa con gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo, co obxectivo de dar a coñecer e difundir entre as e os clientes e visitantes o Camiño de Santiago.
Novas relacionadas