O restaurante da Casa de Galicia en Valladolid anima a veciñas e veciños e visitantes a facer o Camiño de Santiago

Imaxe do restaurante da Casa de Galicia en Valladolid
Imaxe do restaurante da Casa de Galicia en Valladolid
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2021.

As traballadoras e traballadores do restaurante co que conta a Casa de Galicia en Valladolid dispoñen xa do material de traballo co logo do Xacobeo 21-22 que ten como obxectivo animar a veciñas e veciños e visitantes a percorrer o Camiño de Santiago.

Este material de traballo permite difundir estes dous anos de Xacobeo entre as e os veciños, visitantes e turistas a través dos logotipos que mostran os gorros de cociña, mandís e camisetas do persoal deste local de restauración.

383 lecturas