Os programas Conecta e Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración axudaron a galegas e galegos do exterior como Conchi Rodríguez a volver a Galicia e difundir o Camiño de Santiago nos seus países de residencia
#oMeuCamiño - #ConectacoXacobeo
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022.
A galega Conchi Rodríguez Iglesias, residente en México, foi unha das participantes no programa Conecta co Xacobeo que organizou este ano a Secretaría Xeral da Emigración para que galegas e galegos vinculados a entidades galegas puideran coñecer o Camiño de Santiago e posteriormente difundilo nos seus países de residencia.
Conchi Rodríguez conta no seguinte vídeo a súa experiencia, destacando o valor que para este colectivo ten volver a Galicia e a importancia que programas coma este,da Xunta de Galicia, ou como o de Reencontros co Xacobeo, aportan para achegar o espírito do Camiño.
Novas relacionadas