Emigración dedica un vídeo homenaxe aos galegos e galegas do exterior que participaron nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022
Vídeo homenaxe ás e aos participantes nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2022.
A Secretaría Xeral da Emigración dedica un vídeo en homenaxe ás galegas e galegos do exterior que participaron nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022 e que agora serán embaixadores do Camiño de Santiago e de Galicia nos seus lugares de residencia.
En total participaron case 350 persoas en ambos programas, realizando pequenas etapas da Vía da Prata e do Camiño Portugués no caso das e dos maiores de 65 anos, e percorrendo os últimos cen quilómetros de ambas vías no caso das e dos menores desa idade. Todas e todos eles están vinculados con entidades galegas de todo o mundo e das comunidades autónomas de España.
Novas relacionadas