Galegos e galegas do exterior como Gerardo Pardo, procedente de Venezuela, participaron nos programas Conecta e Reencontros da Secretaría Xeral da Emigración colaborando así na difusión do Camiño de Santiago nos seus países de residencia

Gerardo Pardo foi un dos e das preto de 200 participantes do Conecta co Xacobeo 2022 da SXE
Gerardo Pardo foi un dos e das preto de 200 participantes do Conecta co Xacobeo 2022 da SXE
#oMeuCamiño - #ConectacoXacobeo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2022.

O galego Gerardo Pardo, residente en Venezuela, participou fai unhas semanas no programa Conecta co Xacobeo que organizou a Secretaría Xeral da Emigración co obxectivo de que as persoas vinculadas a entidades galegas de todo o mundo puideran coñecer o Camiño de Santiago e posteriormente converterse en embaixadoras do mesmo nos seus países de residencia. 

Gerardo Pardo conta, no seguinte vídeo, a súa experiencia, destacando o valor que para este colectivo ten volver a Galicia e a importancia que programas coma este, da Xunta de Galicia, ou como o de Reencontros co Xacobeo, aportan para achegar o espírito do Camiño a todo o mundo.

270 lecturas