Jorge Fernández, do Centro Galego de Tenerife, destaca o valor de colaborar na difusión do Camiño de Santiago a través do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración

Jorge Fernández foi un dos e das preto de 200 participantes do Conecta co Xacobeo 2022 da SXE
Jorge Fernández foi un dos e das preto de 200 participantes do Conecta co Xacobeo 2022 da SXE
#ConectacoXacobeo #oMeuCamiño
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2022.

O galego Jorge Fernández Castro, socio do Centro Galego de Tenerife, participou fai unhas semanas no programa Conecta co Xacobeo que organizou a Secretaría Xeral da Emigración co obxectivo de que as persoas vinculadas a entidades galegas de todo o mundo puideran coñecer o Camiño de Santiago e posteriormente converterse en embaixadoras e embaixadores do mesmo nos seus países de residencia. 

Jorge Fernández conta, no seguinte vídeo, a súa experiencia, destacando o valor que ten colaborar na difusión do Camiño de Santiago e da propia Galicia nos diferentes lugares do mundo onde residen as persoas vinculadas coas entidades do exterior, grazas a programas como Conecta e Reencontros co Xacobeo.

171 lecturas