O XIII Consello de Comunidades Galegas avala o novo impulso das políticas pioneiras de retorno en Galicia

Precisamente, en materia de retorno, apóstase por crear unha rede sólida para as e os retornados dende os propios países de orixe, así como instar ao Goberno do Estado a que facilite a adaptación da lexislación para superar os atrancos que se atopan as familias retornadas en relación a permisos de traballo, baixas consulares ou homologación de títulos, entre outros. 

No eido da galeguidade, o órgano aposta por potenciar o traballo conxunto das entidades para garantir o seu futuro, reforzando os vínculos coas novas xeracións nadas no exterior, e abrindo unha reflexión conxunta entre entidades e Administración para seguir o ritmo de cambio da sociedade e da nova realidade asociativa. 

En canto á cultura, as conclusións destacan a necesidade de aumentar os esforzos na preservación do legado documental e da memoria histórica da emigración, así como apostar polas TICs para que Galicia estea á vangarda no emprego da lingua galega no mundo dixital, permitindo, deste xeito, achegala a todos galegos e galegas do mundo, e continuar a dar relevancia ao feito migratorio galego e á súa aportación de modernidade na nosa historia.

Finalmente, no eido social, fixeron fincapé no compromiso conxunto de Administración e entidades da achega e auxilio das e dos galegos máis desamparados, especialmente na vellez, e particularmente nos países de América que sofren unha maior crise social, reforzando, ademais, os programas que permiten ás persoas maiores de orixe galega ter un contacto coa terra.

  • Imaxe do retalorio de retorno do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas
    Imaxe do retalorio de retorno do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas
  • Imaxe do retalorio de eido social do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas
    Imaxe do retalorio de eido social do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas
  • Imaxe do retalorio de cultura do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas
    Imaxe do retalorio de cultura do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas
  • Imaxe do retalorio de galeguidade do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas
    Imaxe do retalorio de galeguidade do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas
Listen to this page using ReadSpeaker
Cenlle (Ourense), 24 de setembro de 2023.

As e os representantes do XIII Consello de Comunidades Galegas, reunidos en Laias, Ourense, analizaron o papel dos galegos e galegas do exterior e a súa colaboración coa Xunta de Galicia nos eidos cultural, social, de galeguidade e do retorno. O retorno converteuse no centro deste encontro, confirmando así este órgano o labor que a Xunta está a realizar en prol do mesmo a través de novas medidas e iniciativas que a converten nunha comunidade autónoma pioneira.  

Os relatorios permitiron analizar en profundidade a situación actual da colectividade así como os eidos nos que se debe impulsar unha maior colaboración entre Administración e centros do exterior.

No eido do retorno, as conclusións ás que chegou o Consello céntranse na creación dunha rede sólida para os retornados e retornadas dende os propios países de orixe, tanto a través das propias delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai como das entidades colaboradoras do resto de países e, xa de xeito telemático, coa Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, de cara a que sexa máis sinxela a súa integración na sociedade galega. Por outra banda, tamén instaron ás institucións do Goberno do Estado a que facilite adaptar a lexislación para superar os atrancos que se atopan as familias retornadas tanto en canto a permisos de traballo, baixas consulares ou homologación de títulos, entre outros.

Apostar polo futuro das entidades
No eido da galeguidade, o órgano aposta por potenciar o traballo conxunto das entidades para garantir o seu futuro, reforzando os vínculos coas novas xeracións nadas no exterior, e abrindo unha reflexión conxunta entre entidades e Administración para seguir o ritmo de cambio da sociedade e da nova realidade asociativa. 

En opinión do XIII Consello de Comunidades Galegas, é esencial promover a unión permanente entre as entidades galegas, apostando ademais por atraer ás e aos máis novos ás entidades, garantindo así a súa continuidade.

En canto á cultura, as conclusións destacan a necesidade de aumentar os esforzos na preservación do legado documental e da memoria histórica da emigración, así como apostar polas TICs  para que Galicia estea á vangarda no emprego da lingua galega no mundo dixital, permitindo, deste xeito, achegala a todas e todos os galegos do mundo, e continuar a dar relevancia ao feito migratorio galego e á súa aportación de modernidade na nosa historia. Deste xeito, aportando unha variedade de recursos lingüísticos e ferramentas dixitais poderase manter o uso da nosa lingua entre as e os descendentes da colectividade, achegándoa de xeito máis atractivo aos máis novos e novas. 

Finalmente, no eido social, fixeron fincapé no compromiso conxunto de Administración e entidades para a achega e auxilio das galegas e galegos máis desamparados, especialmente na vellez, e particularmente nos países de América que sofren unha maior crise social. Tamén se considera acaído seguir reforzando os programas que permiten ás e aos maiores de orixe galega ter un contacto máis habitual e sinxelo coa terra.  

266 lecturas