A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas analiza o impacto dos máis de 5m€ destinados dende Emigración a Programas de Apoio a Entidades e Galegos do Exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta terceira reunión no que vai de ano, co obxectivo de manter o contacto permanente ante as dificultades que está a xerar a actual pandemia.

Na reunión analizáronse tódolos programas xa resoltos na actualidade e os que se manteñen abertos, en especial, os relativos ao Retorno, aos que se destinan 4,3 millóns de euros.

  • A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas analiza o impacto dos máis de 5m€ destinados dende Emigración a Programas de Apoio a Entidades e Galegos do Exterior
    A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas analiza o impacto dos máis de 5m€ destinados dende Emigración a Programas de Apoio a Entidades e Galegos do Exterior
  • A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas analiza o impacto dos máis de 5m€ destinados dende Emigración a Programas de Apoio a Entidades e Galegos do Exterior
    A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas analiza o impacto dos máis de 5m€ destinados dende Emigración a Programas de Apoio a Entidades e Galegos do Exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta tarde a celebración da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas nos que se analizaron tanto os programas de lecer para os galegos do exterior, como as actividades que se están a desenvolver por parte das entidades exteriores no eido do Xacobeo 21-22 e os impactos das axudas postas en marcha por este departamento autonómico, en especial, polo efecto da Covid-19.

Este encontro telemático, o terceiro que se desenvolve no que vai de ano, supón unha continuidade no traballo permanente de contacto coas comunidades galegas do exterior, e durante o mesmo analizouse o impacto dos máis de 5 millóns de euros que xa se fixeron efectivos no que vai de ano en programas de apoio a entidades e galegos do exterior, tanto en axudas de emerxencia social como en apoios económicos a entidades.

Por outra banda, tamén se fixo un repaso arredor dos programas que aínda están en marcha, en especial no eido do retorno, onde seguen tramitándose as tres liñas existentes: apoio a emprendedores retornados, axudas extraordinarias a retornados e bolsas Beme. En total, neste ámbito, estanse a investir neste 2021 casi 4,3 millóns de euros.

Outro dos temas que se analizaron durante a reunión de hoxe foron os programas de lecer e formación retomados tralo parón pola pandemia en 2020. Neste senso, Miranda recordou que está aberto o programa Conecta co Xacobeo para que 200 galegos do exterior poidan realizar o Camiño de Santiago, así como o programa de obradoiros que permitirá retomar as actividades presenciais de formación nos centros e tamén as clases telemáticas.

Finalmente, tamén se analizaron as diferentes accións de divulgación e promoción do Camiño de Santiago que están a por en marcha as diferentes entidades da diáspora tendo en conta que estamos xa a celebrar o Xacobeo.

O órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da comunidade está conformado por doce entidades electas, catro representando aos galegos de América e do resto do mundo, catro que representan a Europa e outras catro que representan aos galegos que residen nas comunidades autónomas españolas. Como membros natos do organismo permanecen a Casa de Galicia de Montevideo (O Uruguai) e a Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas) por contar con máis de 20.000 persoas asociadas.

A Comisión, que se reúne con carácter ordinario a lo menos unha vez ao ano, está presidida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidente do Consello de Comunidades Galegas, e o vicepresidente é o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

788 lecturas