O xerente e xefe de cociña do restaurante boirense Miramar dará un curso de cociña en Castelló
Marcos Santamaría Somoza, o xerente e xefe de cociña do restaurante boirense Miramar, impartirá un curso de cociña tradicional galega en Castelló.
O ciclo, que leva realizándose catro anos e está organizado polo Centro Galego de Castelló, terá lugar nas instalacións da escola de hostalaría Costa de Azahar.
A cita desenvolverase entre os días 21 e 25 deste mes e a asistencia é gratuíta. Así mesmo, Filgueira indicou que o curso está financiado pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e que espera que, ao igual que nos anos anteriores, teña bastante afluencia. Cabe destacar que entre os aprendices das receitas e dos trucos á fronte dos fogóns de Santamaría se encontran os alumnos da escola hostaleira Costa de Azahar, así como persoas de diversas rexións de España.
Novas relacionadas