Xornadas de cociña galega en Castelló

A inscrición é gratuíta e está aberta ata o 28 de febreiro.

Listen to this page using ReadSpeaker

Do 1 ao 3 de marzo celebraranse no Centro Galego de Castelló unhas xornadas de cociña coas algas de Galicia como prato principal. A iniciativa pretende destacar as verduras do mar e achegar tanto ao público xeral coma a futuros profesionais da gastronomía o seu uso culinario, as distintas variedades e especies, a súa recolección e o seu alto valor nutricional.

A inscrición para participar no evento é gratuíta e pode realizarse ata o 28 de febreiro no centro, no teléfono 964 22 85 08 ou a través do correo electrónico cgaturuxo@galiciaaberta.com.

Na organización das xornadas gastronómicas, o centro galego conta coa colaboración da Aula de gastronomía da Universidade Jaume I de Castelló, a escola de Hosteleria Costa de Azahar, e a empresa coruñesa Porto-Muiños.

En imaxes
1154 lecturas