A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, acompañou aos alumnos e alumnas da Escola Galicia na súa visita ao Museo Galego do Centro Gallego de Montevideo
- Imaxe da visita do alumnado da Escola Galicia da capital uruguaia ao Museo Galego do Centro Gallego de Montevideo

Montevideo (Uruguai), 26 de outubro de 2022.
A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, acompañou aos 61 alumnos e alumnas de Quinto e Sexto da Escola Galicia na visita que realizaron ao Museo Galego do Centro Gallego de Montevideo.
As e os alumnos, que foron trasladados ata as instalacións pola empresa Cutcsa, estiveron tamén acompañados nesta actividade cultural e recreativa pola secretaria da escola e polas súas mestras. Durante a visita tamén recibiron unha charla informativa sobre o Camiño de Santiago a cargo da secretaria do centro, Beatriz Pérez Montero, tocaron as pandereitas e as cunchas e desfrutaron da música tradicional galega.
Novas relacionadas