O secretario xeral da Emigración valora positivamente o labor da Sociedade Española de Beneficiencia de Lisboa durante a pandemia

O secretario xeral da Emigración e o presidente da Sociedade Española de Beneficiencia, durante o encontro na capital portuguesa
O secretario xeral da Emigración e o presidente da Sociedade Española de Beneficiencia, durante o encontro na capital portuguesa
Listen to this page using ReadSpeaker
Lisboa, 27 de febreiro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Lisboa un encontro co presidente da Sociedade Española de Beneficiencia, José Aser Castillo Pereira, con quen analizou a actual situación tras dous anos de pandemia.  

Miranda agradeceu o importante labor que realizou esta entidade durante estes dous “difíciles e complexos anos” e destacou o traballo “serio e intenso” realizado dende esta asociación para paliar as dificultades xeradas a nivel sanitario e social durante estes meses, sempre apoiando aos galegos e galegas residentes en Lisboa.

384 lecturas