Miranda e Dobarro avaliaron co embaixador de España en Bos Aires a situación da colectividade galega tras dous anos de pandemia da covid-19

Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 4 de decembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, mantivo nas últimas horas en Bos Aires unha reunión co embaixador de España en Arxentina, Javier Sandomingo Núñez, con quen analizou a situación da colectividade galega tras dous anos de pandemia da covid-19.

A reunión, na que tamén estivo presente o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, dá continuidade á intensa colaboración que ambos departamentos desenvolven en prol das galegas e galegos residentes na Arxentina e das entidades que os agrupan.

500 lecturas