Miranda e a Asociación de Casas de Galicia de Barcelona analizan o labor realizado por esta entidade durante estes dous anos en Cataluña na promoción do Xacobeo

Imaxe, na sede da Secretaría Xeral da Emigración, da reunión desta mañá
Imaxe, na sede da Secretaría Xeral da Emigración, da reunión desta mañá
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes de Casas de Galicia de Barcelona e Provincia na que analizaron o labor realizado por esta entidade durante estes dous anos en Cataluña na promoción do Xacobeo.

Na reunión estiveron presentes Marisol Pérez, José Ramón Regueira e Manoel Carrete. Os tres trasladaron ao secretario xeral o interese desta entidade, como Centro Promotor do Camiño de Santiago, en seguir a promocionar esta vía cultural a Compostela durante os próximos anos, “xa que se trata dun valor cultural para Galicia e serve para dar a coñecer a nosa terra e a nosa historia”, explicaron.

500 lecturas