Miranda analiza co secretario do CRE da República Dominicana a situación da colectividade galega neste país durante a pandemia

O secretario xeral da Emigración e Antonio Sánchez Espantoso, mantiveron unha reunión na sede do departamento do Goberno galego. 

Foto da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Foto da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión con Antonio Sánchez Espantoso, secretario do Consejo de Residentes Españoles (CRE) da República Dominicana onde se analizou a situación da colectividade galega neste país durante a situación de crise sanitaria que estamos a vivir.

Miranda trasladoulle a Sánchez Espantoso o máximo interese da Xunta de Galicia por continuar a traballar polos galegos e galegas residentes neste país, 2.680, e recordoulle que se implementaron axudas e programas de cara a apoiar ás entidades e persoas que están a pasar situacións de necesidade por mor da covid-19, unha labor que se intensificará no 2021, cun aumento dos orzamentos destinados a paliar situacións extraordinarias como as que está a provocar a pandemia.

O secretario xeral agradeceu o papel fundamental que levan a cabo as e os representantes da colectividade española no estranxeiro. Sánchez Espantoso, nado na provincia da Coruña, é membro ol CRE da República Dominicana dende marzo de 2017. 

842 lecturas