O secretario xeral da emigración recibe ao cónsul honorario de España en Santa Clara (Cuba) para coñecer a situación da comunidade galega

Antonio Rodríguez Miranda recordou que a Xunta de Galicia aportou en 2021 máis de 1,6M€ para apoiar aos galegos e galegas en situación de necesidade en Cuba, chegando a preto de 6.000 familias.

Antonio Rodríguez Miranda e Augusto Blanco Ugarte, no despacho do secretario xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Antonio Rodríguez Miranda e Augusto Blanco Ugarte, no despacho do secretario xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión co cónsul honorario de España en Santa Clara (Cuba), Augusto Blanco Ugarte, para analizar a situación da comunidade galega neste país. Ugarte é tamén presidente da Unión Gallega de Villa Clara e coordinador nesta comarca das actividades sociais da Xunta de Galicia. 

Miranda agradeceu o seu labor de apoio para o desenvolvemento das diferentes axudas e iniciativas entre a colectividade galega de Villa Clara, destacando o apoio que os diferentes colectivos galegos en Cuba están dando a todas e todos aqueles que máis o necesitan, especialmente nesta época de pandemia e de dificultades sociais no país caribeño.

O secretario xeral recordou que en 2021 a Xunta de Galicia aportou máis de 1,6M€ para apoiar aos galegos e galegas en situación de necesidade en Cuba, chegando a preto de 6.000 familias.

285 lecturas