Miranda e o cónsul xeral en Río de Xaneiro fortalecen a colaboración para apoiar á colectividade galega nesta cidade

Antonio Rodríguez Miranda e Ángel Vázquez Díaz de Tuesta, durante a reunión celebrada en Río de Xaneiro
Antonio Rodríguez Miranda e Ángel Vázquez Díaz de Tuesta, durante a reunión celebrada en Río de Xaneiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Xaneiro (Brasil), 7 de xuño de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co cónsul xeral de España en Río de Xaneiro, Ángel Vázquez Díaz de Tuesta, co propósito de "reforzar a colaboración entre as administracións española e galega". Nesta xuntanza, tratouse a situación actual do Brasil e da comunidade española, facendo especial fincapé na colectividade galega residente no país.

Durante o encontro, examináronse novas iniciativas para mellorar os servizos e o apoio proporcionado á diáspora galega no Brasil, así como a implementación de proxectos futuros que beneficien á comunidade galega. Antonio Rodríguez Miranda salientou a relevancia desta cooperación institucional para "asegurar que os galegos residentes no Brasil reciban a atención e o respaldo necesarios, especialmente en tempos complexos".

607 lecturas