Miranda recibe á nova cónsul de Cuba en Galicia, Ingrid Izquierdo, a quen lle trasladou o interese da Xunta por seguir a apoiar aos galegos e galegas en situación de vulnerabilidade residentes nese país

Na imaxe, o secretario xeral da Emigración e a cónsul xeral de Cuba en Santiago de Compostela
Na imaxe, o secretario xeral da Emigración e a cónsul xeral de Cuba en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu á nova cónsul de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria, Ingrid Izquierdo, a quen trasladou o interese da Xunta de Galicia por continuar a apoiar aos galegos e galegas residentes neste país e que se atopan en situación de vulnerabilidade, solicitándolle neste senso toda a colaboración posible no seu desenvolvemento.

A diplomática e o secretario xeral da Emigración tamén intercambiaron información sobre a situación da colectividade galega no país caribeño, onde, na actualidade, viven 46.593 galegas e galegos, dos que 353 naceron en Galicia.

393 lecturas