Máis de medio milleiro de galegas e galegos residentes no Brasil coñeceron a nova Estratexia Galicia Retorna 2026 que aposta polo emprego e a formación como pulos de atracción

O titular da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destaca que proximamente desenvolverase a presentación deste documento en Venezuela.

  • Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 no Brasil
    Imaxe da presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 no Brasil

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicou ante máis de medio milleiro de galegas e galegos residentes no Brasil a nova Estratexia Galicia Retorna 2023/26 que aposta polo emprego e a formación como pulos de atracción, con máis dun cento de iniciativas que favorecen o retorno e un orzamento global de máis de 450 millóns de euros. 

Nos actos de presentación, que tiveron lugar en Salvador de Baía, Santos e São Paulo, o secretario xeral estivo acompañado das e dos representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines, encargadas da xestión do programa máis novidoso, o Retorna Cualifica Emprego, que promove a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e que ofertará ata 400 postos de traballo en Galicia cun contrato indefinido. O obxectivo desta iniciativa é casar as vacantes das empresas coas necesidades laborais dos retornados e retornadas. No eido educativo, Miranda recordou que nestes intres atópase aberto prazo de solicitude das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que ofertan 250 prazas para que os mellores expedientes poidan optar a unha axuda para realizar un máster nunha das tres universidades galegas. 

344 lecturas