Emigración informa aos galegos universitarios do Exterior sobre a nova convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade BEME que permite realizar un máster nunha das tres Universidades Galegas
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, informou esta tarde aos galegos do exterior sobre a nova convocatoria das bolsas de Excelencia Mocidade Beme a través dunha webinar na que participaron un centenar de interesados, xunto á subdirectora de Retorno, Begoña Solís.
Deste xeito, Miranda recordou que a Xunta de Galicia ten aberta a convocatoria destas axudas ata o próximo 28 de abril, destacando que son 250 as prazas ofertadas co obxectivo de que os galegos universitarios do exterior, de ata 39 anos, poidan retornar a Galicia para facer un máster nunha das tres universidades galegas a través dun apoio económico de entre 7.500 e 12.000 euros. Os interesados poden ter máis información na seguinte ligazón.
Novas relacionadas