Miranda explica na Radio Galega a nova convocatoria das bolsas BEME para universitarias e universitarios galegos do exterior que verá a luz a comezos de febreiro
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicou no programa Galicia por Diante Fin de Semana a nova convocatoria das 250 bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para universitarias e universitarios galegos que residen fóra das nosas fronteiras, recordando que tan só faltan uns días para que se abra a presentación de candidaturas. Esta axuda permite a realización dun máster para o curso 2023/24 nunha das tres universidades galegas.
As e os beneficiarios da iniciativa deben ser galegas ou galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior e estar admitida ou admitido na preinscrición dalgún dos mestrados das universidades galegas. A bolsa conta cun importe de entre 7.500 e 12.000 euros (en función do continente de procedencia do alumnado). Tal e como explicou Miranda, “á convocatoria do ano pasado das BEME Máster presentáronse case 532 solicitudes procedentes de preto de 35 países distintos, un 12 % máis que o ano anterior”. Así, con esta nova orde o Goberno galego terá ofrecido entre 2017 e 2023, incluíndo as bolsas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que ofrecen prazas de FP, a posibilidade de retornar a un total de 1.400 mozas e mozos galegos do exterior no ámbito universitario.
- Audio - Entrevista ao secretario xeral da Emigración | Descargar
Novas relacionadas