Emigración mantén aberta a nova convocatoria de bolsas BEME ás que galegas e galegos universitarios do exterior como Noelia Pereira poden acollerse

A convocatoria das bolsas BEME 2023-2024 estará aberta ata o vindeiro 28 de abril
A convocatoria das bolsas BEME 2023-2024 estará aberta ata o vindeiro 28 de abril
Noelia Pereira - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración acaba de abrir a nova convocatoria de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as e os galegos universitarios residentes no exterior ou as e os descendentes de galegas e galegos poidan facer un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2023/24.

A ourensá Noelia Pereira cóntanos a súa experiencia como bolseira BEME e en como esta oportunidade permitiulle optar a un emprego en Galicia tras varios anos de estancia en Luxemburgo e Portugal. En total, son 250 as bolsas Beme convocadas este ano. Toda a información pode consultarse nesta ligazón.

238 lecturas