Miranda recibe ao presidente da Casa de España de San José de Río Preto en Brasil, a quen agradeceu o labor de reactivación desta entidade

Imaxe da reunión celebrada no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente da Casa de España de San José de Río Preto en Brasil, Nelson Lois Oreiro, con quen analizou a situación da colectividade española e, en especial, da galega, nesta rexión do estado de São  Paulo, e tamén a reactivación desta entidade, que conta cuns 200 socios e socias actualmente.

O secretario xeral trasladoulle a total colaboración da Administración autonómica para este proceso, agradecendo o labor que se está a desenvolver en prol das e dos españois que residen nesta área de Brasil, e comprometéndose a unha futura visita á colectividade galega de San José de Río Preto.

510 lecturas