O restaurante da Casa de Galicia de Nova York promociona o Xacobeo 21-22
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022.
A Casa de Galicia de Nova York (EE.UU.) está a colaborar na promoción do Xacobeo 21-22 a través do material de traballo das e dos camareiros e cociñeiros do seu restaurante.
Deste xeito, o equipo que conforma este centro de restauración galego conta xa con gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo co obxectivo de dar a coñecer e difundir entre os cidadáns e cidadás da Gran Mazá o Camiño de Santiago e o Ano Santo que continúa ao longo de todo o presente ano.
Novas relacionadas