O restaurante do Centro Galego de Castelló “O Aturuxo” promociona o Xacobeo 21-22 a través do material de traballo das e dos seus empregados

Imaxe do restaurante do Centro Galego de Castelló 'O Aturuxo'
Imaxe do restaurante do Centro Galego de Castelló "O Aturuxo"
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2021.

O restaurante co que conta o Centro Galego de Castelló “O Aturuxo” xa dispón do material de traballo co logo do Xacobeo 21-22 co obxectivo de promocionar e difundir o Camiño de Santiago.

Entre outro material, o centro valenciano conta con gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo de xeito que se poida invitar a cantas e cantos visitantes, clientes e turistas pasen polo seu local de restauración a coñecer Galicia e percorrer algún dos seus camiños de Santiago.

729 lecturas