O Parlamento Europeo pide poñer fin á discriminación laboral das persoas inmigrantes

O texto aprobado recorda que a lei esixe que as e os empregadores concedan un igual trato a todos os empregados e empregadas e que impidan a súa discriminación por razóns de relixión, sexo, orixe étnica ou nacionalidade.

O informe foi aprobado por 334 votos a favor, 247 en contra e 33 abstencións.
O informe foi aprobado por 334 votos a favor, 247 en contra e 33 abstencións.
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 14 de marzo de 2013.

O Parlamento Europeo aprobou o pasado xoves un informe que pide poñer fin á discriminación laboral das e dos inmigrantes de terceiros países que viven legalmente na Unión Europea (UE).

O informe "sobre a integración dos inmigrantes, o impacto sobre o mercado de traballo e a dimensión externa da coordinación dos sistemas de seguridade social" denuncia "a discriminación formal e informal na busca de emprego e no posto de traballo".

A Eurocámara estima que sen as persoas inmigrantes a poboación en idade de traballar na UE "se reducirá nos próximos dez anos en 14 millóns de persoas máis, o que tería un impacto negativo sobre o equilibrio dos sistemas de pensións europeos a longo prazo e provocaría unha escaseza de traballadores cualificados a curto e medio prazo".

Os eurodeputados e as eurodeputadas consideran que convén tomar ser medidas "decididas para loitar contra a discriminación e o racismo" precisamente no marco de crise financeira e desemprego.

O texto recorda que a lei esixe que as e os empregadores concedan un igual trato a todos os empregados e empregadas e que impidan a súa discriminación por razóns de relixión, sexo, orixe étnica ou nacionalidade.

Así mesmo, o PE pide á Comisión Europea e aos Estados Membros que "garantan o respecto dos niveis de remuneración e dos dereitos consagrados nos convenios colectivos nos países de acollida tamén en relación cos inmigrantes".

Respecto aos dereitos cívicos das e dos inmigrantes, o PE sinala que "a integración con éxito tamén leva consigo a participación nos procesos políticos de toma de decisións e que convén promover, en particular, a participación dos inmigrantes na sociedade".

Neste sentido, mostráronse a favor da ampliación das posibilidades de participación social e nos procesos de decisión de carácter político e subliñaron a importancia do dereito a voto das persoas inmigrantes, particularmente no ámbito local.

Finalmente, destacan os "malos resultados escolares e o alto índice de abandono escolar que afectan aos fillos de traballadores inmigrantes".

As e os eurodeputados pediron medidas para poñer fin a esa realidade educativa e pediron medidas relativas ao financiamento dos estudos, bolsas e a creación doutras formas de aprendizaxe.

O informe foi aprobado por 334 votos a favor, 247 en contra e 33 abstencións.

 

Fonte: El País
 

912 lecturas