Emigración forma a inmigrantes e retornados para favorecer a súa inserción sociolaboral
Estas accións ademais van acompañadas de actuacións en orientación laboral aos participantes e o acceso a unha bolsa de emprego. O obxectivo global do proxecto é de realizar un 50% de contratacións a longo plazxo e un 25% de carácter temporal.
O subdirector xeral de Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón, fixo entrega de diplomas aos alumnos participantes nos cursos de formación referidos ao área de acollida, muller e atención a persoas dependentes.
As xornadas de formación realizáronse no marco de programas da Secretaría Xeral de Emigración e dentro do II plan Galego de Inclusión Social que procura a inserción e integración sociolaboral de inmigrantes e retornados.
Estas accións ademais van acompañadas de actuacións en orientación laboral aos participantes e o acceso a unha bolsa de emprego. O obxectivo global do proxecto é de realizar un 50% de contratacións a longo prazo e un 25% de carácter temporal.
Desde o área de Inmigración e Retorno da Secretaría Xeral da Emigración apóstase pola formación de profesionais no ámbito das migracións e da mediación intercultural, que contribuirán a favorecer unha convivencia harmónica e intercultural no xurdimento de novas demandas e necesidades sociais relacionadas coa xestión dos procesos migratorios e dos colectivos migrantes.
Na actualidade, o incremento da inmigración, así como a importancia dos fluxos migratorios en Galicia representan un dos fenómenos socioeconómicos, con perfís específicos, que precisan de especial atención por parte de profesionais formados neste ámbito concreto, como elemento clave para acordar obxectivos e desenvolver programas e actuacións coherentes.
Novas relacionadas