Miranda destaca o labor en prol das e dos galegos do tenente xeneral José Rodríguez García, Anduriña de Ouro do Lar Galego de Sevilla no 2022

O secretario xeral da Emigración asistiu aos actos organizados polo centro galego na capital andaluza co gallo da celebración do seu 66º aniversario.

Rodríguez Miranda tamén felicitou ao escritor ferrolán Miguel Ángel Alonso Fernández, por gañar o premio literario anual que organiza esta entidade.

Durante o acto, entregouse unha insignia de ouro a Florencio Doiro, polos seus 50 anos na asociación, e os diplomas de honra polos seus 40 anos como socios do Lar Gallego aos doutores Ricardo Juan Vázquez Albertino e Alfonso Descalzo Señorán.

  • O Lar Gallego de Sevilla celebrou hoxe o seu 66º aniversario
    O Lar Gallego de Sevilla celebrou hoxe o seu 66º aniversario
  • O Lar Gallego de Sevilla celebrou hoxe o seu 66º aniversario
    O Lar Gallego de Sevilla celebrou hoxe o seu 66º aniversario
  • O Lar Gallego de Sevilla celebrou hoxe o seu 66º aniversario
    O Lar Gallego de Sevilla celebrou hoxe o seu 66º aniversario
Listen to this page using ReadSpeaker
Sevilla, 26 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nos actos de aniversario do Lar Gallego de Sevilla no que se lle fixo entrega da Anduriña de Ouro ao tenente xeneral, José Rodríguez García, pola seu labor en prol dos galegos e galegas de Andalucía, do Camiño de Santiago e da propia Galicia. 

O secretario xeral da Emigración gabou o labor do tenente xeneral que ao longo da súa responsabilidade, ata fai pouco, como xefe da Forza Terrestre, “axudou a promocionar a Vía da Prata, e apoiou as diversas actividades do Lar Gallego de Sevilla, dando así tamén apoio á propia Galicia e á nosa cultura”. 

O Lar Gallego de Sevilla celebrou con este evento o 66º aniversario da inauguración da súa primeira sede no ano 1956, unha festa na que actuaron o grupo de gaitas do propio centro e entregáronse distincións a tres dos socios máis antigos: o enxeñeiro Florencio Doiro, que leva 50 anos na asociación e a quen se lle impuxo unha insignia de ouro; e os doutores Ricardo Juan Vázquez Albertino e Alfonso Descalzo Señorán, que cumpren 40 e recibiron un diploma. Dáse a coincidencia de que os tres, ademais, foron antigos presidentes do Lar Gallego, o que vén demostrar a súa implicación con este centro.

Durante o evento, tamén tivo lugar a entrega do premio literario anual ‘María Teresa Rodríguez’ que convoca a entidade, que este ano correspondeu ao psicólogo, músico e escritor ferrolán Miguel Ángel Alonso Fernández.  

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, clausurou o acto dedicándolle palabras de encomio a esta entidade e destacando o importante labor que durante todos estes anos desenvolveu o Lar Gallego de Sevilla pola promoción non só da cultura galega, senón tamén da nosa lingua e polo Camiño de Santiago a través da Vía da Prata, “un labor encomiable e impagable por coidar do noso e da nosa xente. Un traballo que ao longo do tempo deu, sen dúbida, os seus froitos, sendo unha institución de referencia na capital andaluza. Sen dúbida, todo un orgullo para nós como Xunta e para todos os galegos”.

308 lecturas