Miranda mantén unha reunión de traballo co Xacobeo e o Lar Galego de Sevilla de cara a apoiar as próximas actividades do centro na promoción do Camiño de Santiago
Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2021.
O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión de traballo co director do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, e o presidente do Lar Galego de Sevilla, José Antonio Otero, no marco da colaboración e apoio ás actividades de difusión do Xacobeo 21-22 que está a deseñar este colectivo do sur de España.
Durante o encontro telemático, os tres responsables analizaron as iniciativas xa postas en marcha por esta entidade, como a difusión do Camiño da Vía da Prata xunto a outros centros galegos polos que transita esta ruta. Ademais, tamén se puxeron sobre a mesa as futuras actividades que xa se están a preparar dende o centro galego de Sevilla de cara ao último trimestre do ano e para o 2022.
Novas relacionadas