Miranda participa nos actos de promoción do Xacobeo organizados polo Lar Gallego de Sevilla co gallo do XII Encuentro de Casas Regionales y Provinciales

A praza Nueva desta localidade contou cun expositor promocional que permitiu achegar o Camiño a decenas de miles de sevillanas e sevillanos e turistas.

No transcurso da romaría que se organiza de xeito simultáneo no parque do Alamillo tivo lugar un acto de homenaxe aos alcaldes e alcaldesas dos concellos polos que pasa a Vía da Prata polo seu labor en prol da difusión do Xacobeo 21-22.

  • Imaxe desta mañá no stand do Xacobeo no XII Encuentro de Casas Regionales y Provinciales
    Imaxe desta mañá no stand do Xacobeo no XII Encuentro de Casas Regionales y Provinciales
  • Imaxe desta mañá no XII Encuentro de Casas Regionales y Provinciales
    Imaxe desta mañá no XII Encuentro de Casas Regionales y Provinciales
  • Imaxe desta mañá no XII Encuentro de Casas Regionales y Provinciales
    Imaxe desta mañá no XII Encuentro de Casas Regionales y Provinciales
  • Foto da homenaxe a 6 dos alcaldes e alcaldesas dos concellos por onde transita a Vía da Prata de Andalucía e Estremadura
    Foto da homenaxe a 6 dos alcaldes e alcaldesas dos concellos por onde transita a Vía da Prata de Andalucía e Estremadura
XII Encuentro de Casas Regionales y Provinciales en Sevilla
Listen to this page using ReadSpeaker
Sevilla, 10 de outubro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu este domingo aos actos do XII Encuentro de Casas Regionales y Provinciales celebrado en Sevilla baixo o lema “España en Sevilla”, no que estivo presente un stand promocional do Xacobeo 21-22 que permitiu achegar o camiño a decenas de miles de cidadás e cidadáns sevillanos e turistas. 

O secretario xeral, acompañado do presidente do Lar de Sevilla, José Antonio Otero, e do presidente da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Sevilla-Vía de la Plata, Juan Ramos Plaza, visitou os dous expositores que se situaron na praza Nueva da capital andaluza relacionados con Galicia, un deles centrado no Xacobeo 21-22, dun total de 17 stands que se instalan neste espazo dedicados ás diferentes casas rexionais de toda España.

Miranda quixo agradecer “a oportunidade que brinda o Lar Gallego de Sevilla e a propia cidade para poder mostrar as bondades do Camiño de Santiago neste encontro de casas rexionais tanto aos propios sevillanos como a cantos visitantes pasaron por este lugar durante estes días”. 

Tamén o secretario xeral da Emigración participou na tradicional Romería do Lar Gallego de Sevilla, acto no que se levou a cabo a homenaxe a 6 dos alcaldes e alcaldesas dos concellos por onde transita a Vía da Prata de Andalucía e Estremadura, en agradecemento polo labor de difusión e promoción deste camiño de Santiago, coa imposición dunha insignia de prata e un diploma. Dende a Secretaría Xeral fíxoselles entrega dun agasallo en recoñecemento polo seu labor. Ao remate deste acto celebrouse un concerto das Pandereteiras de Xacarandaina.

199 lecturas