O Lar Gallego participou en diversos actos do Nadal e na Festa de Reis de Santiago de Chile
O Coro da entidade galega na capital chilena tivo senllas actuacións os días 21 e 29 de decembro, co gallo das celebracións do Nadal en Santiago.
O día 5 de xaneiro, na Festa de Reis celebrada na parcela Las Tragarizas (comuna de Colina) da capital, actuaron os gaiteiros e bailaríns do grupo folklórico deste centro galego radicado en Santiago de Chile.
O Coro da entidade galega na capital chilena actuou na última misa do 2013 celebrada na capela do Estadio Español
O Coro da entidade galega na capital chilena actuou na última misa do 2013 celebrada na capela do Estadio Español
No concerto de Nadal, celebrado no Estadio Español Las Condes, interpretaron “O Nadal de Luintra” e “A Estrela"
Os gaiteiros e bailaríns do Lar Gallego de Chile amenizaron a Festa de Reis celebrada en Las Tragarizas (comuna Colina)
Os gaiteiros e bailaríns do Lar Gallego de Chile amenizaron a Festa de Reis celebrada en Las Tragarizas (comuna Colina)
O Coro do Lar Gallego participou o sábado 21 decembro do Concerto de Nadal xunto a outras colectividades e institucións hispanas, no Parque Alameda de Estadio Español de Las Condes, onde se montou un atractivo escenario. Estiveron presentes o Taller de Folklor Chileno Nueva Extremadura, Agrupación Musical Castellano-Leonesa, Coro Riojano, Coro Gallego, Coro Asturiano, Agrupación Musical Madrileña, Agrupación Musical Juvenil del Estadio Español, Tuna del Estadio Español, Coro Vasco e o Coro Juan del Encina.
Todos os conxuntos corais interpretaron fermosos vilancicos e o Lar Gallego entoou O Nadal de Luintra e A Estrela. Este evento despediuse coa tradicional peza musical Noite de Paz, cantada polos diferentes grupos.
E para finalizar a tempada 2013, o domingo 29 de decembro, o Coro do Lar Gallego, cantou na última misa do ano na capela do Estadio Español, á que concorreron persoas das diferentes comunidades españolas de Santiago de Chile.
Día de Reis en Santiago de Chile
Con moito entusiasmo levouse a cabo a Festa de Reis en Santiago de Chile. Nesta ocasión asistiron máis de 300 persoas á devandita celebración na parcela Las Tragarizas de la Familia Vásquez González, na comuna de Colina.
En cada tempada, a comunidade de Chaguazoso esmérase por promover esta actividade e facela atractiva para as e os asistentes que, na súa maioría son descendentes de galegos e galegas, familiares, amigos e amigas e por certo, son acompañados por persoas doutros colectivos españois entusiasmados por participar dun evento tradicional, interesante e diferente.
Os encargados e anfitrions de realizar o evento este ano, foron Nicolás González Puntarelli (Rei) e Víctor Cifuentes Domínguez (Virrei). O Lar Gallego estivo presente con gaiteiros e bailarins que amenizaron este entretido encontro costumista en Santiago.
Ao final do día elixíronse os novos reis, aos cales lles corresponderá xestionar e levar a bo termo a próxima festa, para o ano 2015 foron escollidos: Arturo Vásquez González (Rei) e Alfredo Sierra Herrero (Virrei), que recibiron o traspaso do sombreiro con moita alegría, xunto aos seus pais e nais, familiares e amizades.
Novas relacionadas



