Miranda inicia unha viaxe a Chile para acompañar á colectividade galega e participar nas celebracións do 58º aniversario do Lar Gallego e o 75º aniversario do Estadio Español

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 20 de novembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciará mañá unha viaxe institucional a Chile co obxectivo de reforzar os vínculos coa colectividade galega asentada neste país e apoiar o labor das entidades que manteñen viva a presenza de Galicia no exterior.

Durante a súa estancia, Miranda visitará as principais institucións galegas, manterá encontros coas autoridades españolas no país e con representantes das asociacións culturais e sociais galegas, e participará en diversos actos conmemorativos e culturais, entre eles o 58º aniversario do Lar Gallego de Chile e o 75º aniversario de Estadio Español. “Nos queremos sumarmos de maneira relevante a través do noso Lar Gallego ás celebracións do 75º aniversario do Estadio Español de Chile, que é a entidade que acolle ás diferentes representacións das comunidades autónomas españolas”, asegurou Miranda.

Esta viaxe permitirá coñecer de primeira man o traballo que desenvolve a colectividade, así como promover novas vías de colaboración no marco da Estratexia Galicia Retorna. Miranda subliñou que “Chile é un país cunha colectividade galega moi activa, comprometida coa súa terra e cun papel esencial na proxección internacional da nosa cultura”.

315 lecturas