O Lar Gallego de Chile culmina o 2012 con dúas actividades artísticas

Organizou a XV Noite de Gaitas conxuntamente coa colectividade Asturiana de Chile, e participou no Concerto de Coros Hispánicos e Vilancicos de Nadal que tivo lugar no Estadio Español Las Condes.

  • Imaxe dunha das actividades da entidade galega na capital do país andino.
    Imaxe dunha das actividades da entidade galega na capital do país andino.
  • Imaxe dunha das actividades da entidade galega na capital do país andino.
    Imaxe dunha das actividades da entidade galega na capital do país andino.
Listen to this page using ReadSpeaker
A Coruña, 19 de decembro de 2012.

O Lar Gallego de Santiago de Chile pechou este 2012 con dúas actuacións realizadas no Estadio Español de Las Condes. O 8 de decembro tivo lugar a XV versión da Noite de Gaitas, evento organizado por Corporación Lar Gallego e a Colectividade Asturiana de Chile. Nesta oportunidade, as Bandas de gaitas galega e asturiana estiveron acompañadas polos grupos Andes Highlanders Pipe Band e Tara, as cales interpretaron música tradicional de Escocia e Irlanda, respectivamente.

Ademais, o 15 de decembro, o Coro Soles e Lúas do Lar Gallego estivo presente no Concerto de Coros Hispánicos e Vilancicos de Nadal. A este acontecemento asistiron todos os grupos das Colectividades do Estadio Español de Las Condes.

Ambos os dous espectáculos remataron cunha peza en común, que foi moi aplaudida polo público asistente. Estas experiencias de diversidade cultural son esperadas pola comunidade hispánica de Santiago de Chile, xa que en cada convocatoria os distintos conxuntos intentan innovar respecto das anteriores e mostrar un coidado e acabado repertorio, entregando o mellor de si.

 

 

Fonte e foto: La Voz de Galicia

1240 lecturas