O Lar Gallego de Santiago de Chile celebrou o seu tradicional «xantar»
O Lar Gallego de Santiago de Chile celebrou o seu tradicional xantar nas dependencias do Estadio Español. O acto, que contou coa presenza de 250 asistentes, iniciou a xornada recordando os membros da colectividade falecidos o último ano así como os que están a traballar no estranxeiro.
O coro do Lar Gallego comezou a celebración coa interpretación dos himnos de España e Galicia baixo a dirección do profesor Janke. A continuación, Myriam López, presidenta da asociación destacou a colaboración da Xunta de Galicia para o desenvolvemento das actividades e mencionou que «foi todo un logro a extensa relación cultural coas autoridades galegas de Bos Aires, pois o intercambio cultural se incrementou intensamente».
Myriam López También agradeceu o traballo dos que se esforzan «por manter vivas as tradicións, aos artistas da banda de gaitas, ao corpo de danza, ao coro, ao canto popular e a pandeireta, á escola de gaitas, ás persoas que participaron e están no Lar Gallego e a todos os directivos que estiveron dende a súa constitución,».
A celebración do xantar estivo acompañada pola actuación dos distintos grupos artísticos da colectividade galega, así como do nomeamento do rei e a raíña para o período 2011-2012 e dos conxuros da queimada.
Novas relacionadas