Miranda comparte unha visita á Cidade da Cultura con medio cento de mozos e mozas do grupo do Estadio Español de Las Condes (Chile)

  • Imaxe desta tarde na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
    Imaxe desta tarde na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compartiu hoxe con medio cento de mozos e mozas pertencentes ao grupo do Estadio Español de Las Condes de Chile, unha visita guiada pola Cidade da Cultura, dentro da viaxe que están a realizar por España e que, nestes días, permitiulles coñecer Santiago de Compostela. Deste xeito, esta visita achégaos á cultura galega, potenciando así os vínculos de moitas e moitos deles, descendentes de galegas e galegos e pertencentes ao Lar Gallego de Chile, entidade vinculada Estadio Español. 

No día de onte tamén puideron coñecer a Catedral de Santiago a través dun percorrido nocturno no que se achegaron tanto á arte e historia do edificio como do Pórtico da Gloria. O Estadio Español de Las Condes de Chile realiza anualmente unha viaxe cultural a España, achegándose así ás diferentes raíces españolas das familias dos rapaces e rapazas que participan na iniciativa.

348 lecturas