O Lar Gallego celebrou a festividade do Apóstolo na Catedral de Santiago de Chile

  • Integrantes do Lar Gallego xunto ao Arcebispo Ricardo Ezzati
    Integrantes do Lar Gallego xunto ao Arcebispo Ricardo Ezzati
  • Ingreso de integrantes do Lar Gallego a participar da procesión
    Ingreso de integrantes do Lar Gallego a participar da procesión
  • Arcebispo Ricardo Ezzati xunto á imaxe do Apóstolo Santiago
    Arcebispo Ricardo Ezzati xunto á imaxe do Apóstolo Santiago
  • Cantareiras da entidade galega durante o oficio relixioso
    Cantareiras da entidade galega durante o oficio relixioso
  • Bailaríns e bailarinas da entidade galega durante o oficio relixioso
    Bailaríns e bailarinas da entidade galega durante o oficio relixioso
  • Arcebispo, xunto a bispos, sacerdotes, relixiosos e público
    Arcebispo, xunto a bispos, sacerdotes, relixiosos e público
  • Ana Belén Fernández, Directora do Lar Gallego, na lectura da misa
    Ana Belén Fernández, Directora do Lar Gallego, na lectura da misa
  • Gaiteiros da entidade galega durante o oficio relixioso
    Gaiteiros da entidade galega durante o oficio relixioso
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Chile, 26 de xullo de 2015.

O Lar Gallego da capital chilena participou na misa, realizada en honor ao Apóstolo Santiago, o venres 24 de xullo na Catedral de Santiago de Chile. Ricardo Ezzati Andrello (Cardeal), Arcebispo Metropolitano de Santiago de Chile e Presidente da Conferencia Episcopal de Chile presidiu esta solemne eucaristía, xunto a toda a Arquidiócese. A misa contou coa presenza de distintas autoridades, persoas convidadas e centos de persoas que completaron o templo máis importante do país.

Nesta ocasión Ana Belén Fernández Seijas, Directora de Danzas do Lar Gallego, foi invitada a tomar parte da primeira lectura da misa. Logo, como é tradicional nesta cerimonia, a Igrexa de Santiago condecorou coa Cruz de Santiago Apóstolo a diversas persoas que destacaron polo seu compromiso evanxelizador ao servizo da comunidade.

Como é tradición ao finalizar a misa, o Arcebispo de Santiago dirixiuse en procesión xunto ás e aos integrantes do Lar Gallego, relixiosos, persoas condecoradas e asistentes cara á imaxe do Apóstolo que se encontra no seu interior, e alí levouse a cabo unha breve homenaxe coa "Oración do Apóstolo Santiago" e logo as e os gaiteiros, bailarins e cantareiras fixeron unha pequena presentación artística para as persoas presentes.

Deseguido Monseñor Ezzati, xunto ao coordinador de protocolo e da misa, Padre Pedro Narbona compartiu coas e cos integrantes do Lar Gallego e tomou algunhas fotografías.

1240 lecturas