O Lar Gallego de Chile entregou os premios do IV Concurso de relato breve 'Rosalía de Castro' durante a celebración do gran día da cultura galega

Un chileno, un ferrolano e unha galega de Santa Fe leváronse os premios deste ano.

Homenaxeouse a figura de Xosé F. Filgueira Valverde, o designado pola Real Academia Galega para dedicarlle a edición de 2015 do Día das Letras Galegas.

  • Durante o acto proxectouse un video realizado por Alicia Losada Losada e léronse fragmentos de obras de Filgueira Valverde
    Durante o acto proxectouse un video realizado por Alicia Losada Losada e léronse fragmentos de obras de Filgueira Valverde
  • A banda de gaitas da entidade interpretou catro pezas do repertorio tradicional galego
    A banda de gaitas da entidade interpretou catro pezas do repertorio tradicional galego
  • O xurado destacou a calidade dos contos, a diversidade de escritores e escritoras e a internalización do concurso
    O xurado destacou a calidade dos contos, a diversidade de escritores e escritoras e a internalización do concurso
  • O xurado destacou a calidade dos contos, a diversidade de escritores e escritoras e a internalización do concurso
    O xurado destacou a calidade dos contos, a diversidade de escritores e escritoras e a internalización do concurso
  • O xurado destacou a calidade dos contos, a diversidade de escritores e escritoras e a internalización do concurso
    O xurado destacou a calidade dos contos, a diversidade de escritores e escritoras e a internalización do concurso
  • Durante o acto proxectouse un video realizado por Alicia Losada Losada e léronse fragmentos de obras de Filgueira Valverde
    Durante o acto proxectouse un video realizado por Alicia Losada Losada e léronse fragmentos de obras de Filgueira Valverde
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Chile, 19 de maio de 2015.

O pasado sábado, 16 de maio, o Lar Gallego de Chile celebrou o Día das Letras Galegas 2015, cuxo homenaxeado nesta ocasión é Xosé Fernando Filgueira Valverde (Pontevedra 1906-1996), coñecido como "O vello profesor", que sen dúbida deixou un extenso legado literario e cultural aos galegos e galegas e ao mundo das letras.

No Teatro Lope de Vega do Estadio Español, en Santiago, presentouse un video realizado por Alicia Losada Losada -colaboradora cultural da organización- acerca da vida e obra do intelectual pontevedrés que mostrou distintos aspectos da súa traxectoria como persoa e escritor. Do mesmo xeito, destacáronse algúns dos seus traballos literarios como: Os nenos, O vigairo, Agromar e Seis cancións do mar in modo antico. Deseguida, déuselle un ambiente distendido á actividade coa presentación da banda de gaitas da institución, que deleitou con catro pezas. Ademais, interactuar se co público asistente, os que puideron ler e interpretar en galego e castelán os contos: Corpus, Os xogos, O medo, A moza que fai frores, O périto e A tendeira. Recompilación de fragmentos de contos do libro Quinta Viva por Marina Iglesias Iglesias e tradución de textos de Juan José Rivero González (ambos os dous de Ourense).

Premios do IV Concurso de relato breve Rosalía de Castro
Logo dunha entretida conversación entre as e os presentes, que intercambiaron opinións sobre a obra de Xosé Fernando Filgueira Valverde, deuse paso á Premiación do IV Concurso de Relato Breve Rosalía de Castro, que contou coa presenza de Carlos Tortuero Martín, Conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España e de Paulina Valente Uribe (xornalista e escritora), representante do xurado integrado tamén por Leonora Díaz Mas e Fernando Moure Rojas, quen se referiu á calidade dos contos, á diversidade dos escritores e escritoras, á internalización do concurso e a que este debe continuar sendo un punto de encontro entre os distintos expoñentes e amigos e amigas da pluma.

O 2015 correspondeu á cuarta edición do certame e a e os premiados foron:

  • 1º Premio: Adalberto Javier Asencio Piñeiro (Temuco - Chile), co conto Miguel
  • 1ª Mención Honrosa: Ricardo Jorquera Caselas (Ferrol - A Coruña), con El Puente
  • 2ª Mención Honrosa: Blanca Nieves Diéguez (Santa Fe - Arxentina) co relato El Chalil

Ao finalizar, a presidenta de Lar Gallego invitou a participar do próximo concurso de relato breve e das actividades da corporación.

1091 lecturas