O Centro Galego de Santander entregou os premios do Concurso literario Julio Camba de relato curto 2016

Tamén, durante o acto, rendeuse homenaxe ao escritor e columnista Manuel Peñalver Castillo.

Durante o acto (de esquerda a dereita): José Raul Clavero, Delia Laguillo, Gema Igual, Juan Lorenzo Collado, Manuel Peñalver, Clemente González e José Antonio Otero Hermida
Durante o acto (de esquerda a dereita): José Raul Clavero, Delia Laguillo, Gema Igual, Juan Lorenzo Collado, Manuel Peñalver, Clemente González e José Antonio Otero Hermida
Listen to this page using ReadSpeaker
Santander, 19 de decembro de 2015.

Os actos tiveron lugar o pasado sábado 19 de decembro, na casa de Galicia en Cantabria, no transcurso do Xantar Anual de Irmandade, onde se rendeu unha sentida homenaxe ao escritor e columnista Manuel Peñalver Castillo polo seu gran labor xornalístico na defensa do insigne Julio Camba e contaron coa presenza de Gema Igual, Tenente de alcalde de Santander. O presidente do Centro Galego, José Antonio Otero Hermida, e o vicepresidente, Clemente González Ojea, deron a benvida a todas as persoas asistentes á tradicional comida de irmandade.

Antes da entrega dos premios literarios o escritor e columnista Manuel Peñalver Castillo glosou a figura do gran xornalista galego de Vilanova de Arousa. Posteriormente fíxose entrega dos premios do XVI Concurso Literario de Relato Curto 'Julio Camba', outorgados por un xurado integrado por representantes da Sociedade Cántabra de Escritores: María del Mar Gómez Guerra, Aurora Miranda Santibáñez e Gema Rebolledo Bolado e, actuando como Secretaria, sen voz nin voto, Delia de los Ángeles Laguillo González.

Juan Lorenzo Collado Gómez, residente en Albacete, alzouse co primeiro premio dotado con Medalla do Centro, Diploma e 500 euros polo seu relato en lingua española Escamas. O segundo premio, dotado con Diploma do Centro e 300 euros, foi concedido ao relato El espejo roto, pertencente a José Raúl Clavero Blázquez, residente en Madrid.

 

Fonte e foto: Centro Gallego de Santander

En imaxes
647 lecturas