O Lar Gallego de Sevilla celebrou o Día das Letras Galegas e fallou o VII certame de relatos curtos "María Teresa Rodríguez"

Ao certame, dotado con 1.000 €, concorreron máis dun milleiro de participantes de todo o mundo.

Ao igual que na pasada edición, o premio vaise para a provincia da Coruña ao recaer en David Hidalgo Ariza polo seu relato 'El Naufragio de Adelaida'.

Na imaxe, o ceense David Hidalgo Ariza, gañador da VII Edición do Certame de Relatos Curtos 'María Teresa Rodríguez' que anualmente convoca a entidade galega na capital andaluza
Na imaxe, o ceense David Hidalgo Ariza, gañador da VII Edición do Certame de Relatos Curtos "María Teresa Rodríguez" que anualmente convoca a entidade galega na capital andaluza
Listen to this page using ReadSpeaker
Sevilla, 19 de maio de 2015.

Co gallo do Día das Letras Galegas, que celebra cada ano o Lar Gallego de Sevilla, resolveuse o fallo da VII Edición do Certame de Relatos Curtos "María Teresa Rodríguez". Este Certame conságrase como un dos máis importantes da capital hispalense, pola súa dotación económica e pola cantidade de participantes: nesta edición de 2015 recibíronse máis dun millar de obras dos cinco continentes.

Por maioría do Xurado o relato gañador recaeu nen El naufragio de Adelaida, de David Hidalgo Ariza (Cee-A Coruña), un relato que combina o misterio, a superstición e a realidade. A temática galega que utiliza está documentada, ben escrita e evoca o mar, os naufraxios, que marcaron tanto as costas galegas e os pobos pesqueiros. O relato ten un bo final e o xurado subliña que podería ser o inicio dunha gran novela.

O autor, nacido en Barcelona en 1973, é un arquitecto que por amor deixou a súa terra natal para residir en Cee (A Coruña). Un namorado dende sempre da palabra escrita, éo tamén agora da cultura e tradición de Galicia. Para a lectura da acta conectouse co gañador, David Hidalgo, mediante videoconferencia, quen asegurou que sempre lle gustou escribir, "máis agora que esta terra, o seu mar, a súa lúa, inspíranme a facelo" e agradeceu "que o Lar Gallego de Sevilla lle dese ese empuxón que necesitaba para escribir agora máis en serio que nunca".

Ademais deste recoñecemento, o xurado fixo unha mención especial a un segundo relato, titulado Neus, de José Antonio Lozano Rodríguez, de Almoradí (Alicante).

O Día das Letras Galegas
O Día das Letras Galegas celebrouse esta fin de semana no Lar Gallego de Sevilla coa conferencia do xornalista José Antonio Gaciño, quen falou e mostrou ao público asistente uns videos que o internaron na vida e obra do homenaxeado Xosé Filgueira Valverde. Gaciño traballa como xornalista dende 1965, carreira que comeza nos medios galegos, traballando en prensa, raio e televisión, ata o ano 1989 que cambia a súa residencia a Sevilla e comeza a traballar en Canal Sur, mesmo ano da súa creación. Gaciño Barral conta no seu haber con diversas publicacións, sobre todo en Galicia.

Tras a presentación da conferencia sobre o homenaxeado, e unha vez finalizado o acto en honor a Xosé Filgueira Valverde, deuse a coñecer o relato gañador.

Unha fin de semana en Sevilla que se viviu con aire galego ao son que marcaba o grupo de gaitas do Lar Gallego de Sevilla. Un acto que cada ano cobra na capital andaluza maior recoñecemento.

1321 lecturas