O fomento dunha memoria colectiva galega que poña en valor as achegas desde dentro e fóra do país, aspecto fundamental nas conclusións do relatorio de Cultura do XI Consello de Comunidades

Celebrado no histórico Salón da Federación de Sociedades Galegas do Palacio do Centro Galego da Habana, este relatorio instou a aproveitar as potencialidades, tamén comerciais, do idioma galego.

  • O relatorio de Cultura tivo lugar no histórico Salón da Federación de Sociedades Galegas do Palacio do Centro Galego da Habana
    O relatorio de Cultura tivo lugar no histórico Salón da Federación de Sociedades Galegas do Palacio do Centro Galego da Habana

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016.

Os relatores foron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e mailo xerente do Consello da Cultura Galega, Marcelino Xulio Fernández Santiago, actuando como presidenta a titular do Centro Arzuano Melidense de Bos Aires, Graciela Adriana Garea, e como secretario o xefe do Servizo de Promoción das Comunidades Galegas, da Secretaría Xeral da Emigración, José Iglesias.

As e os representantes das Comunidades Galegas adscritos ao relatorio de Cultura no XI Consello solicitaron á Administración a creación dun Centro de Referencia da Emigración Galega e da Galeguidade, e un maior esforzo na preservación do patrimonio das entidades no Exterior, avanzando no Plan Director en marcha. Tamén se instou ao fomento dunha memoria colectiva “construída dentro e tamén fóra do territorio”.

No que atinxe ao idioma, pediuse fomentar o espallamento da lingua e cultura galegas fóra das fronteiras, consolidando a lingua autóctona nas universidades estranxeiras e introducíndoa en novas que se consideren estratéxicas; potenciar a rede de lectorados universitarios e centros de estudos galegos; dar pulo aos cursos de galego no Exterior dirixidos á mocidade; e máis aproveitar as TICs para axudar no fortalecemento do galego.

As e os membros do relatorio tamén consideraron importante poñer en marcha unha campaña de concienciación entre o empresariado para que sexa consciente de que, a través do galego, poden acceder ao mercado potencial de máis de douscentos millóns de falantes lusófonos.

Trátase, en definitiva, e segundo se recolle tamén nas conclusións do relatorio, de “sementar a marca-país Galicia” en tódolos territorios nos que se teñen asentado comunidades galegas significativas.

2023 lecturas