A Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha os cursos gratuítos de galego para galegos residentes no exterior e persoas interesadas na nosa lingua.

Trátase de cursos preparatorios de lingua galega para o nivel Celga.

Listen to this page using ReadSpeaker
27 de agosto de 2010.

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Educación a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ven de poñer en marcha os cursos de galego para galegos residentes no exterior e persoas interesadas en aprender o noso idioma.

Así pois, a Secretaría Xeral da Emigración convoca estes cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de extensión cultural, que se realizarán nos centros galegos do exterior, en entidades sen ánimo de lucro e naquelas vilas nas que exista unha importante demanda de coñecemento do galego. Todo elo, sen que os alumnos teñan que desembolsar ningunha cantidade, xa que se trata de cursos de formación gratuíta.

Os cursos convocados son dous: o de “Lingua galega e extensión cultural” nos centros galegos e entidades sen ánimo de lucro radicadas fóra de Galicia e que estean interesadas no coñecemento da nosa lingua; e os cursos de “Galego na túa cidade”, dirixidos a persoas residentes no exterior interesadas no galego.

O número de asistentes será de 20 persoas como mínimo dun máximo de 30, os cursos terán unha duración de 75 horas lectivas e serán de carácter gratuíto para tódolos participantes.

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 31 de marzo de 2011 e o importe destinado pola Xunta para estes cursos é de 50.000 euros.

2435 lecturas