A implicación da mocidade nas comunidades galegas, factor necesario para que as TICs axuden a superar as barreiras xeográficas e horarias

O relatorio de Tecnoloxía do XI Consello de Comunidades Galegas, que tivo lugar na sede histórica da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, conclúe que a relación entre a diáspora e a Administración, no século XXI, precisa do desenvolvemento das novas ferramentas tecnolóxicas.

  • A reunión levouse a cabo nun lugar de marcado carácter simbólico: o local en que se reúnen dende hai máis de medio século as sociedades comarcais e parroquiais galegas en Cuba
    A reunión levouse a cabo nun lugar de marcado carácter simbólico: o local en que se reúnen dende hai máis de medio século as sociedades comarcais e parroquiais galegas en Cuba
  • Imaxe do relatorio de Tecnoloxía do XI Pleno do CCG
    Imaxe do relatorio de Tecnoloxía do XI Pleno do CCG
  • Imaxe do relatorio de Tecnoloxía do XI Pleno do CCG
    Imaxe do relatorio de Tecnoloxía do XI Pleno do CCG
  • A reunión levouse a cabo nun lugar de marcado carácter simbólico: o local en que se reúnen dende hai máis de medio século as sociedades comarcais e parroquiais galegas en Cuba
    A reunión levouse a cabo nun lugar de marcado carácter simbólico: o local en que se reúnen dende hai máis de medio século as sociedades comarcais e parroquiais galegas en Cuba
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016.

O relatorio de Tecnoloxía do XI Consello das Comunidades Galegas, celebrado no histórico Palacio do Centro Galego da Habana, instou á maior e plena integración das TICs nas entidades galegas da diáspora, que as fará máis eficientes e atractivas.

O relator foi o presidente da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, Roberto González Pérez, actuando como presidenta a titular do Club Galicia de Bonn e.V., Eva Salgado, e como secretaria a xefa do Servizo de Planificación e Xestión de Programas da Secretaría Xeral da Emigración, Begoña Solís.

A reunión levouse a cabo nun lugar moi especial, a histórica sede na que se reúnen dende hai máis de medio século as sociedades comarcais e parroquiais que mantiveron viva a chama da Galeguidade na illa. Estas entidades uníronse recentemente na Agrupación de Sociedades Representativas de Municipios e Parroquias de Galicia (que aglutina a 36 entidades en Cuba) e que preside Juana Caridad.

As e os membros deste relatorio consideran que a escaseza de recursos humanos e tecnolóxicos nas entidades, sumado a unha elevada media de idade, pode facer pouco operativas estas ferramentas, polo que se instou á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia a habilitar e desenvolver un sistema que permita superar real e eficazmente as distancias horarias e xeográficas, e permitir así unha Administración igualitaria para todos os galegos e galegas, á marxe do seu lugar de residencia.

No relatorio tamén se suxeriu a implantación do e-learning ou aprendizaxe electrónico para determinadas disciplinas de especial interese entre a diáspora, a diversificación de soportes dixitais para os cursos formativos, e o estudo das posibilidades para facilitar ás comunidades galegas programas de xestión libres e adaptables.

Outras suxestións xurdidas do traballo deste relatorio foi o estudo da creación dun chat de atención aos usuarios e usuarias por parte da Administración, a alimentación dun apartado de FAQ’s (preguntas frecuentes), e o pulo entre a mocidade da participación nas entidades a través da tecnoloxía que xa lles é propia.

1909 lecturas